Por onde comezar

De Inestable wiki

Índice

Que significa ser responsable dunha actividade?

Ser responsable dunha actividade significa preparar todo o material necesario para a mesma. Dito material poden ser: Transparencias, apuntes, videos, etc.

Tamén é posible que se requira para a actividade en cuestión a compra de material. Nese caso debe estar falado coa directiva antes de realizar o pedido para formalizar o pago. Calquera material que sexa necesario para a actividade así como dietas correrán por parte da asociación.

Ademáis unha parte moi importante de ser responsable dunha actividade consiste en xerar a memoria técnica da mesma necesaria para xustificar o pago por parte de Inestable.

Todo o proceso é moi importante xa que sen material non se pode facer a actividade pero tamén hai que destacar que as memorias técnicas son unha parte fundamental para que a actividade poida ser xustificada. Polo que é esencial que cada responsable faga a memoria correspondente.

Como xerar a memoria técnica?

Basta con abrir no apartado de memorias técnicas deste mesmo wiki un apartado co nome da actividade en cuestión e seguir o formato que teñen o resto de memorias técnicas xa realizadas.

Exemplos de memorias: Xornadas 2010, Cinestable

Xustificantes de pagos de material comprado, dietas, etc

Todos estes xustificantes deben de gardarse para presentar ó tesoreiro de Inestable.

Que podo atopar no wiki?

Neste wiki dispoñemos agora mesmo de 4 bloques dentro das actividades. Básicamente o que se pode atopar son documentos do proceso de organización das actividades. Seccións: Actividades puntuais e Grupos de traballo.

Un bloque de miscelánea no que se pode atopar información diversa.

Finalmente un bloque adicado a redacción das memorias técnicas.

Vou realizar unha actividade debo ler algo do que hai aquí?

Sería unha boa práctica. No caso de que tomes unha actividade xa realizada sería moi recomendable falar co responsable anterior e ler a documentación que deixou publicada no wiki. No caso de que sexa unha actividade nova é recomendable tamén ler o proceso doutras actividades xa realizadas para ter unha idea.

Poñome a editar sen máis no wiki?

En principio sí pero debes considerar en que sección meter a nova actividade. ¿Vai ser unha actividade que se faga varias veces no mesmo ano? Entón debe ir na sección de grupos de traballo, no caso contrario podería considerarse unha actividade puntual. Tamén se consideran actividades de grupos de traballo as que teñan unha carga de traballo máis ampla o caso de Cinestable, por exemplo.

No caso de que sexa unha actividade xa realizada podes abrir dentro da propia actividade unha sección que sexa "actividade ano" para diferenciar os datos dun ano para outro pero sen deixar de ter todo centralizado.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Caixa de ferramentas