OSL Ordes

De Inestable wiki

Memoria Técnica

  • Nome do evento: Oficina de Software Libre de Ordes.
  • Datas de celebración: Xoves e venres de Xullo, Setembro e outubro de 10 a 10 a 14 e de 16 a 20
  • Custo consumido: 2 persoas · 14 días · 30€ = 840 €
  • Descrición do evento e público obxectivo: A Oficina de software libre de Ordes xorde como iniciativa para axudar tanto a usuarios noveis, experimentados e pequenas empresas da comarca de Ordes que necesiten axuda ou asesoramento ó respecto do software libre que necesitan ou empregan. Para isto en Inestable decidimos ter a dúas persoas cada xoves e venres de xullo, setembro e outubro (unha de elas tódolos xoves e outra tódolos venres) en horario completo para poder atender ditas dúbidas ou problemas.

As dúbidas ou problemas máis comúns que recibimos partían na súa maior parte de usuarios domésticos xa que as pequenas empresas da zona non teñen o software libre implantado nestes momentos. As nosas conversas con empresas da zona durante este periodo fannos pensar que nun futuro non moi lonxano o software libre poida ser implantado pola súa parte.

No referente as dúbidas dos usuarios domésticos:

    • Solución de problemas na configuración de dispositivos: Tarxetas gráficas, wifi, tabletas dixitalizadoras, etc.
    • Axuda na búsqueda de programas que sustitúan certas necesidades dos usuarios: Edición de audio e de gráficos, wine, virtualbox, openoffice, etc.
    • Axuda na introducción a servicios de administración: Axuda na configuración e uso de servizos como ssh, http (montaxe de servizos mysql+php+http) entre outros.
  • Impacto: O impacto da oficina de software libre foi de entre 4 e 5 persoas por día que se personaron no local coas súas dúbidas ou por simple curiosidade e información referente ó software libre.
Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Caixa de ferramentas