MemoriaICinestable

De Inestable wiki

Cinestable, I Festival de curtametraxes creative commons

  • Lugar: Auditorio da casa da cultura de Ordes
  • Data: 5 de agosto de 2010
  • Descrición: Cinestable I festival de curtametraxes Creative Commons xorde como unha idea de achegar a iniciativa de Inestable que é a difusión do software libre e, sobretodo, da cultura libre dunha maneira máis sinxela e agradable para a xente que non está moi relacionada coa informática en xeral e co software libre en particular.

O obxectivo deste festival sería o achegamento o concepto de cultura libre -> licenza libre -> software libre ademais de motivar a creación e a difusión de novas obras co formato de curtametraxes baixo licenza Creative Commons. Realizouse tamén a proxección de obras explicativas sobre o software libre realizadas na propia Galiza e tamén de obras explicativas sobre as licenzas Creative Commons.

A organización so empregou ferramentas libres tanto para a proxección das obras como para a reproducción de música e demais necesidades do evento.

A aceptación do evento foi moi grande chegando a prácticamente encher o auditorio municipal.

  • Público obxectivo: A poboación a que se pretende chegar con este evento é tanto a persoa familiarizada coa cultura e software libre e polo tanto familiarizada coas licenzas libres así como á xente que xa ten un coñecemento sobre as mesmas ademáis dun certo interese polo mundo artístico.
  • Impacto: 150 persoas.
Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Caixa de ferramentas