II Cinestable

De Inestable wiki

Índice

Descripción

De entrada esta segunda edición seguirá básicamente as directrices da anterior edición. Constará dun só día de proxeccións continuadas de curtametraxes a concurso e fora do mesmo.

Responsables

  • Diego Lendoiro


Postos a cubrir A PRIORI

  • Infraestructuras: Dani e Chusca

A persoa neste posto encargarase de levar un control do material (se houbese) que nos ceden tanto de institucións públicas (concello) ou privadas, así coma do material que se merque. Levará por tanto un "inventario" do material que se manexará ese días e de quen o ten cedido (de ser posible a súa cesión). O marco vai dende saber cando hai que recoller a publicidade na imprenta, o número de cartelería recollida, etc ata de saber se nos cederon un cable para o proxector, mando, etc e telo da súa man ou saber quen o ten.

  • Prensa: Dani e Ivan

A persoa neste posto encargarase de facer públicas as notas de prensa (e no seu caso redactalas) vía email ou calquera outro medio. (Non ten porque ser exclusivamente a medios de comunicación senon tamén a agrupacións e outras asociacións ou grupos de interese) Ademáis deberá encargarse de facer públicas noticias na páxina do certame (e no seu caso redactalas)

  • Patrocinios: Nika

A persoa/s neste posto encargarase de buscar e contactar con patrocinadores que poidan estar interesados en colaborar co festival informarlles vía e-mail ou teléfono sobre o festival e as posibilidades de patrocinio que poden ter.

  • WEB: Chusca

Todos estes postos son para realizar tarefas antes do festival. Durante o festival redistribuiranse as tarefas en función do que sexa necesario. Se somos suficientes persoas a xente que non traballe antes do festival farao durante.

Xurado

Normativa do xurado:

  • Presidente do xurado: Terá o voto de calidade en caso de empate.
  • Composición: mínimo de 5 membros e máximo 7.

Bases

Participantes

Pode participar calquera persoa maior de idade sexa ou non residente en Galiza. No caso de que o participante sexa menor de idade necesitará un consentimento de pai/nai/titor.



Condicións Xerais

Temática: Libre.

Idioma: Sen restricción, sempre que se incluan subtitulos nos diálogos que non esten en castelán ou galego. So as curtas íntegramente en galego optarán ao premio outorgado pola AC Trasno.

Tempo: Os traballos teñen unha duración mínima de 2 minutos e unha máxima de 10 minutos.

Deben de ser obras: Baixo licenza Creative Commons.

Só se admite unha curtametraxes por autor/a a concurso.



Prazos, Lugar e Modo de Presentación

Recibiránse os traballos ata o 17/07/2010 Inscrición: de balde. A data límite é a mesma que a data para recepción de traballos. A inscrición farase vía web.

O material entregarase a través de plataforma online, por correo postal ou en man á dirección: ATT:Asociación de usuarios de GNU/Linux de Ordes

Concello de Ordes OMIX

R/Alfonso senra 108

Ordes (A Coruña)

CP: 15680

Xunto co traballo no mesmo sobre deben vir os datos do participante:

Autor – Título da curtametraxe – Duración

Soporte físico admitido: DVD -> No DVD deben verse claramente rotulados o nome do autor e o título da obra

Formatos de compresión admitidos: sen compresión(raw). Con compresión: xvid, ffmpeg,dirac, x264




Proxección Pública

A organización fará unha selección do material achegado xunto cunha pequena selección de materiais libres xa coñecidos que a organización considere interesantes todo estes traballos expoñeranse no auditorio da Casa da Cultura previo á entrega dos galardóns. Todo o material será colgado da páxina web do festival para visionados on-line.



Responsabilidade e Conformidade

A AC Inestable non se fai responsable dos contidos das obras así como da perda ou deterioro das obras, caso de querer que se devolva o soporte orixinal no que se entregou

Ficheiro:BasesICinestable.pdf

Documentos de contacto

Dossier II Cinestable Contacto patrocinios 2011

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Caixa de ferramentas