Festa do champiñón 2011

De Inestable wiki

Datas de realización 15,16 e 17 de abril

Descrición do evento e público obxectivo

A Feira do Champiñón é unha festa de tipo gastronómico e de mostras comerciais e actividades de asociacións que se celebra anualmente no Concello de Ordes.

O Concello pon a disposición dos participantes stands para poder amosar ó público en xeral o contido das actividades que desenvolven.

Nesta ocasión o Concello cedéunos un stand doble 3X8: 24 m2, que compartimos coa Asociación Trasno que estivo presente tamén iste ano na feira connosco, amosando ó público as súas actividades.

O venres pola mañá traslado de material ó recinto da feira: 4 mesas do local; 1 mesa plegable de 3 m; 6 sillas do local; soporte para o proxector; proxector; cables e material multimedia variado (altavoces, micrófonos; cascos, punteiros láser,...); alfombras Stepmanía (a nosa e a da Fundación que temos en depósito) pantalla de proxección; cartelería anunciando a actividade Cinestable II; merchandising; ordenador da asociación; router; ordenadores varios con distintas distribucións de GNU/Linux; material empregado nos obradoiros de robótica: arduino e lego.


No stand publicitamos as nosas actividades regulares así coma a dispoñibilidade dun local permanente. Polas datas de celebración nesta ocasión a festa do champiñón coincidíu o fin de semana anterior á celebración das Xornadas anuais que celebramos en semana santa polo que nesta edición a asistencia na feira foi moito máis importante para o desenvolvemento das nosas actividades que noutras ocasións nas que participamos. Iste feito influíu na asistencia de público ás xornadas diste ano. Organizamos un torneo de Stepmanía entre os asistentes que se celebrou o domingo coa participación de 12 persoas. Entregamos 1º, 2º e 3º premio.

Repartimos entre o público que nos visitou e se interesou polas nosas actividades material de merchandising: folletos, libros de Ubuntu en galego (cedidos pola Asociación Trasno), camisetas aniversario, cintas para o pescozo, mandiles de cociña;...

A asistencia por parte da xente da asociación foi moi numerosa, de xeito que en todo momento ó longo dos 3 días de feira estabamos no stand unha media de 5 organizadores.

Impacto

O impacto nesta edición foi enorme pois entre a xente que viña tanto a participar nas actividades lúdicas (Stepmanía, UltraStar, Frets on Fire) e persoas interesadas nas nosas actividades, e mesmo socios novos, podemos estimar unha asistencia de público interesado dunhas 500 persoas. Mesmo na prensa escrita ilustraron a feira cunha foto do noso stand. É salientable tamén a entrevista radiofónica en directo que nos fixeron en Radio Ordes. Preparamos unha pequena enquisa acerca do software libre que algúns asistentes brindáronse a encher.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Caixa de ferramentas